O traballo de fin de grao supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, dunha memoria ou dun estudo concreto sob a supervisión de un/ha ou máis directores/as. Neste traballo deben ser integrados e desenvolvidos os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sen modificacións nos contidos fixados.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías previstas inicialmente.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifica ningunha das metodoloxías previstas inicialmente.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Toda a información e a documentación relativa á realización do TFG estará accesíbel para o/a estudante.
Teams, en horario e formato (síncrono ou asíncrono) acordados co alumnado.
Correo electrónico a demanda do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Non se contemplan modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
As actividades propias do TFG serán realizadas de modo non presencial e (a)síncrono.
O alumnado con dificuldades para o acompañamento do TFG durante a vixencia deste plano de continxencia quer por motivos de conexión (internet), de medios (PC, tablet, móbil etc.), quer por necesidades ou limitacións de calquera tipo (coidados, conciliación, horarios ou espazos restrinxidos etc.) deberá contactar co profesorado no menor tempo posíbel a fin de seren arbitradas todas as medidas de flexibilización e adaptación necesarias a cada caso particular.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Serán disponibilizados todos os materiais bibliográficos necesarios para o acompañamento e a realización do TFG.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías