Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais B1 C6 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. 20
Proba mixta A15 Proba escrita con preguntas de diverso carácter para avaliar os coñecementos e as competencias adquiridas 35
Proba oral A15 B1 B3 C5 C6 C8 Avaliaranse os coñecementos así como as competencias relativas ao nivel falado da lingua 20
Presentación oral A15 B3 B6 C2 C5 Terase en conta tanto a elaboración como a presentación, como o grao de corrección lingüística adquirido no nivel oral. 20
Sesión maxistral C7 C8 Terase en conta a asistencia a clase e a participación activa na aula. Non se adquirirá a puntuación se se produce unha falta de asistencia superior ao 10 %. 5
 
Observacións avaliación

Criterios
de avaliación: na primeira oportunidade, o/a alumno/a ten que cumprir as seguintes
condicións: aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral. Facer polo menos
a metade das actividades propostas na avaliación. Non se terán en conta as
actividades entregadas fóra de prazo. Considerarase como Non Presentado o alumnado
que non se presente ás Probas mixta e oral. Os exercicios terán que entregarse
até o último día de clase. A exposición oral realizarase nas últimas horas da
clase (poden ser unha o máis semanas, segundo a cantidade de alumnos/as. Neste
caso realizarase a proba en orde alfabética). Estas datas poden variar. Faranse
oficiais nas aulas. Na segunda oportunidade se o/a alumno/a aprobou o conxunto
das probas mixta e oral so terá que completar as actividades restantes. Os
exercicios poderán entregarse até o día do exame. Non se aceptarán exercicios
fora deste prazo. A exposición oral terá lugar o mesmo día do exame. Se o/a estudante
non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de
xullo. No caso de non ter feitas o suspensas as demais actividades tamén terá
que repetilas. Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos
e as diferentes actividades da avaliación.

O estudantado
con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberá presentarse ao
comezo do curso para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir
avaliación continua ao longo de todo o curso. Terá que examinarse nas datas
oficiais como o resto dos/das alumnos/as e entregar ou realizar o resto das
actividades nunha data a convir coa profesora.

Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza
algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas
nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).