O obxectivo principal do Traballo de Fin de Máster é a análise, deseño, implementación e validación dun proxecto, realizado de forma individual, relacionado coa Visión por Computador. Poderá desenvolverse nunha empresa ou entidade con experiencia contrastada en proxectos de I+D+i, sendo co-tutelado por un profesional na materia. O proxecto debe achegar compoñentes de innovación que vaian máis aló do mero desenvolvemento dunha aplicación, servizo ou liña de negocio estándar.
O TFM debe promover a achega de valor engadido por parte do alumno en proxectos innovadores, e a súa relación directa co mercado laboral ou con algún aspecto de investigación de vangarda.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sen modificacións
2. Metodoloxías
Sen modificacións
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Se non é posible a presencialidade, tanto a tutoría como a defensa poderían realizarse a distancia.
4. Modificacións na avaliación
Sen modificacións
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías