Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Parama Gabia, Jose Ramon
Correo electrónico
jose.parama@udc.es
Profesorado
Parama Gabia, Jose Ramon
Seco Naveiras, Diego
Varela Rodeiro, Tirso
Correo electrónico
jose.parama@udc.es
diego.seco@udc.es
tirso.varela.rodeiro@udc.es
Web
Descrición xeral
Materia centrada nas bases de datos relacionais. Inclúe o modelo relacional teórico, aspectos de implementación (ficheiros, transaccións, concurrencia, recuperación) e optimización de consultas. A parte práctica está centrada no uso da linguaxe SQL para explotar unha base de datos relacional real.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
-Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos).
- Solución de problemas: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos). Titorías individuais e/ou grupais mediante Teams.
- Prácticas de laboratorio: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos). Titorías individuais e/ou grupais vía Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Toda a atención personalizada será realizada a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, correo electrónico, foros de Moodle)
- Para as titorías, pedirase aos estudantes que soliciten cita para realizar videochamadas nos horarios establecidos en espazos.udc.es.
4. Modificacións na avaliación
-Non se realizarán cambios
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
-Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías