Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A17 A19 B2 B3 B8 B9 C4 Consistirá nunha proba tipo test de coñecementos teórico-prácticos, que será realizada na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. 60
Prácticas a través de TIC A20 B2 B4 B7 B9 B10 C1 C4 Parte do grao de aprendizaxe alcanzada nas prácticas a través de TIC avaliarase de maneira continua. Para iso, realizaranse unha ou dúas probas ao longo do curso (no horario establecido para ditas prácticas) e/ou un ou dous traballos (individuais ou en grupo). A súa resolución requirirá do uso do software R e tamén do coñecemento da metodoloxía estatística explicada nas sesións maxistrais. 40
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade:

Se se denotan a través de P e F as notas (sobre 10) obtidas nas "Prácticas a través de TIC" e na "Proba mixta", respectivamente, a nota final será: 

                       0.4* P+0.6* F. 

Avisarase da data en que se realizará cada proba práctica cunha antelación mínima de 7 días. Os traballos prácticos terán un prazo de entrega de polo menos 7 días. 


 Segunda oportunidade:

Unicamente realizarase a "Proba mixta". A puntuación obtida en "Prácticas a través de TIC" na primeira oportunidade manterase para esta segunda oportunidade. A nota final obterase da mesma forma que na primeira oportunidade.