O obxectivo principal do curso é proporcionar os conceptos básicos para identificar e discutir a interrelación entre distintos fenómenos demográficos e a realidade social, económica e eventualmente de política pública (causas e consecuencias da caída da fecundidade, do envellecemento da poboación e dos procesos de migración, entre outros).
No cumprimento deste obxectivo, o contido do curso atenderá especialmente ás poboacións dos países desenvolvidos e singularmente á poboación española.
Son tamén metas deste curso o fomento do traballo persoal do alumno e a súa capacitación no manexo de instrumentos básicos na análise científica da realidade social, como as fontes estatísticas oficiais e o material bibliográfico.
Os estudantes deberán aprender a buscar nas fontes de datos aqueles que se refiren a realidades demográficas relevantes, así como a calcular e interpretar os indicadores básicos da análise demográfica (taxas e índices) e a producir e explicar táboas e gráficos que describan realidades demográficas relevantes.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión Maxistral, a través de contados audiovisuais costos a disposición do alumnado en plataformas como Teams ou Moodle. Tras cada sesión habilitarase un foro de discusión para que o alumnado traballe os temas vistos na clase. A participación nestos foros terase en contacto como asistencia activa na asignatura.
Prácticas TIC, desenvolveranse de maneira telemática co apoio do profesorado
Probas obxetivas, levaran a cabo atendendo ás recomendacións e necesidades sanitarias do momento
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada levarse a cabo a través do correo electrónico, e tutorías grupais e individuais a través da plataforma Teams, concertadas previamente
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán modificación, pero si adaptación necesarias
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios, a bibliografía está adaptada para a súa consulta online
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías