Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da educación | Código | 615G01210 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ó estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar as aprendizaxes dos contidos da asignatura a través do estudo da bibliografía e a confección de apuntes propios polo alumnado. |
Aprendizaxe colaborativa | Participación e colaboración de principio a fin en traballos que deberán ser presentados na clase por un grupo ou equipo de traballo conformado por estudantes. As aprendizaxes colaborativas axudan a darlle significación á educación e serven para experienciar academicamente o significado sociolóxico do proceso de cambio socioformativo que se está a desenvolver na actualidade. |
Traballos tutelados | Baixo tutela docente durante as clases interactivas presenciais, así como fora da aula como traballo autónomo, os estudantes realizarán en grupo un traballo de análise e aplicación dos conceptos aprendidos relacionados coa socioloxía da educación que se presentará de forma escrita, seguindo instrucións detalladas. Complementarase coa presentación oral dos resultados a final de curso. |