Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia. A proba combinará preguntas tipo test con preguntas de resposta curta.
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A sesión se complementará co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Motivarase e valorarase a participación dos/as alumnos/as, mediante preguntas ou/e debates
Obradoiro Realización de actividades prácticas (de carácter grupal ou individual) nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión das profesoras da materia.
Traballos tutelados Metodoloxía diseñada para promover o aprendizaxe autónomo dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensinanza basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguemento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Realización dun traballo en grupo de carácter empírico que consistirá no Seguimento e Análise (cuantitativa e cualitativa) dun tema de actualidade nos Medios de Comunicación. As instrucións para a súa realización estarán a disposición dos e das estudantes na aula virtual da materia.