O/a estudante, chegado/a a 4º curso, ten traballado moitos dos elementos que constitúen os contidos propios dunha Estrutura e Cambio Social de Galicia, polo que debe poder responder a preguntas de investigación que requiren dunha resposta traballada. O obxectivo principal desta materia é, por tanto, que o/a estudante saiba desenvolver unha metodoloxía de traballo que integre moitas das competencias e coñecementos xa aprendidos noutras materias, nun marco conceptual axeitado á realidade sociolóxica de Galicia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: non hai.
2. Metodoloxías docentes que se manteñen: traballo de curso e presentación online do mesmo. Presentación online da lectura individual. *Metodoloxías docentes que se modifican: a asistencia e participación nos seminarios serán cambiadas pola docencia a través de Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Ferramenta: mail, Campus Virtual, Teams Temporalización: en horario de titorías que aparecerán na web a principio de curso.
4. Modificacións na avaliación: a asistencia aos seminarios e participación nos debates será modificada pola avaliación dos resumos das lecturas obligatorias. 50%: traballo de curso e presentación online do mesmo 50%: resumo de lecturas e presentación da lectura individual.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non hai.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías