Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Urbanística 5 | Código | 630G02042 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Quinto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Obradoiro | Organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución dunha ordenación urbanística nun ámbito proposto polo profesorado da materia. O seguimento do traballo será presencial e cada semana revisaranse os avances segundo o calendario marcado. |
Aprendizaxe colaborativa | Exercicios guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Parte deste traballo farase dando apoio ao programa coordinado por Proxectos 8. |
Sesión maxistral | As clases teóricas axudarán a presentar temas instrumentais e referencias ao proxecto |
Análise de fontes documentais | O traballo proposto implicará a recollida e procesamento de fontes documentais para desenvolver unha cartografía analítica e proactiva, completando e actualizando a información existente a través do traballo de campo. Amais, usaranse as bases cartográficas existentes nos distintos repositorios institucionais. |
Proba mixta | Exame de avaliación do nivel de coñecemento dos contidos da materia. A proba poderá incluír preguntas de resposta breve, resposta múltiple, esquemas, debuxos ou diagramas. |
Seminario | Sesións de traballo en grupo enfocado na introdución aos Sistemas de Información Xeográfica |
Proba práctica | Proba individual que consistirá na resolución, a nivel esbozo-anteproxecto, dun programa de intervención sobre o un ámbito dado. |