Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Debuxo da Paisaxe | Código | 630G03001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C8 | É nesta segunda metodoloxía onde o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios que deben ser desenvolvidos individualmente polo alumno: 1.- Práctica semanal de debuxo (cualificación 30%) sobre taboleiro cunha duración dunha a dúas horas e que se recollerá ao final da clase, cada semana, para a súa avaliación 2.- Práctica de curso (cualificación 70%) na que se desenvolverá un traballo de representación nun ámbito paisaxístico a concretar. Todas as semanas e nun espazo de tempo variable, dunha a dúas horas, o alumno traballará e corrixirá co profesor os avances dese traballo tutelado que desenvolverá tamén de maneira non presencial nas horas asignadas na planificación da materia. Haberá unha data final de entrega desta práctica de curso, independentemente o profesor pode fixar entregas intermedias As entregas en tempo de todas as prácticas semanais e da práctica de curso con todos os seus apartados resoltos suficientemente son imprescindibles para o aprobado da materia Asistencia mínima: 80% |
100 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar por curso o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas semanais como na práctica de curso, de non ser así non se fará media. Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas prácticas deberán ser entregadas nas datas especificadas De non acadar o aprobado por curso, haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na ETSAC. Nesa data os alumnos entregarán previamente as prácticas semanais e de curso, no caso de non telo feito previamente |