Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo A1 A17 A18 A25 A26 A29 A34 A35 B2 B5 B6 B10 B11 C4 obrigatorio superalas para facer media 0
Sesión maxistral B1 B3 B4 B14 B15 B22 C6 asistencia 0
Proba obxectiva B16 C10 exame final (é necesario aprobalo para ter en conta as outras metodoloxías) 100
 
Observacións avaliación

Para a superación da materia por avaliación continua, a asistencia mínima ás sesións maxistrais será do 80%

Para a superación da materia por avaliación continua, a asistencia mínima ás prácticas será do 100%

As prácticas da materia, xunto coa superación do resto de metodoloxías, van asociadas á obtención dos seguintes certificados: Formación Básica en Seguridade, Avanzado en Loita C.I. e Embarcacións de Supervivencia e Botes de Rescate non Rápidos. Para a obtención dos devanditos certificados tamén será obrigatoria a realización do 100% das prácticas.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias. Pola propia natureza das prácticas, que non son recuperables, non se contempla dispensa académica para a avaliación das mesmas.