Proba obxectiva |
A10 A46 B2 B3 B14 B20 |
Consistirá nunha proba escrita sobre os contidos das actividades e prácticas plantexadas no aula e a análise dun comentario sobre un convenio e ou código internacional. |
20 |
O alumnado que vaia facendo e entregando as actividades expostas na
aula e, ou, no campus virtual, nos prazos indicados polo profesor, será
avaliado de forma continua atendendo as metodoloxías descritas na guía
docente. No caso de presentarse máis dunha actividade fora do
prazo de entrega indicada polo profesor ou non entregarse, o alumnado
será avaliado mediante unha proba obxectiva final en xuño. Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle requirirá unha asistencia mínima para poder presentarse aos exames nin tampouco para poder entregar o portafolio ou os traballos tutelados, pero deberá acordar co docente unha serie de titorías (presenciais ou non presenciais) o longo do curso para acreditar o seguimento da materia.
|