Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B7 B9 C3 Farase unha proba de resolución de problemas relacionados co primeiro tema da materia. 15
Prácticas a través de TIC A22 A76 B9 B10 C3 Realizarase unha práctica sobre a utilización da terminal de comandos do sistema operativo. 15
Traballos tutelados A22 A76 B9 B10 B16 C1 Levarase a cabo unha práctica sobre a búsqueda de compoñentes hardware en catálogos web para a instalación e configuración dun equipo informático. 10
Estudo de casos A76 B2 B3 B5 B7 B9 B11 B13 B15 B16 C3 Exporanse distintos casos de ciberseguridade que o alumnado debe analizar, estudar cómo se producen e ver as solucións que se poden adoptar para evitalos, contestando a un cuestionario final. 25
Prácticas de laboratorio A22 A76 B10 B13 B15 B16 C3 Probarase cómo se ensamblan os equipos informáticos, cómo se instala e configura o S.O., e como se conectan entre sí para formar unha rede de ordenadores, evaluando o traballo desenvolvido por cada alumno no laboratorio. 35
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

  • Solución de problemas (15%)
  • Prácticas a través de TIC (15%)
  • Traballos tutelados (10%)
  • Estudo de casos (25%)
  • Prácticas de laboratorio (35%)
Para superar a materia por avaliación continua será preciso obter:
  • Nota mínima final de 50 punto
  • Nota mínima nos casos de estudo de 10 puntos 
  • Nota mínima nas prácticas de laboratorio de 15 puntos.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Poderanse recuperar as partes suspensas correspondientes a:
  • Solución de problemas (15%)
  • Prácticas a través de TIC (15%)
  • Estudo de casos (25%)

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Evaluarase con unha proba mixta, na que se poderá recuperar o 100% da nota, e que consistirá en:
  1. Proba mixta sobre as competencias teóricas tratadas nas clases maxistrais (50%).
  2. Exercicio práctico sobre as competencias traballadas ao longo do curso nas clases interactivas e clases prácticas (50%).
Para superar a materia na segunda oportunidade será preciso obter:
  • Nota mínima na proba mixta de 20 puntos
  • Nota mínima no exercicio práctico de 20 puntos

OBSERVACIONS:

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

  • Na primeira oportunidade se lles avaliará con unha proba mixta e un exercicio práctico seguindo os mesmos criterios que se especifican para todo o alumnado na segunda oportunidade.
Os criterios de avaliación contemprados no cadro A-II/1 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teránse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.