Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Historia da Empresa | Código | 650G01005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
A materia non esixe requisitos previos. Non obstante, considéranse recomendables algúns prerrequisitos e coñecementos previos: coñecementos de Historia Universal, estar familiarizado con conceptos básicos de Economía e de Empresa, así como coñecementos do programa Word ou outro procesador de textos a nivel de usuario para a realización dos traballos. Recoméndase familiarizarse co funcionamento da biblioteca universitaria (uso do catálogo e os servizos que ofrece a biblioteca) de cara a realización do traballo do curso.
Así mesmo, recoméndase dispoñer dun ordenador
personal con cámara e conexión a internet estable en caso de que a situación
sanitaria empeore e se ordene un novo confinamiento. Tamén recordamos que a Facultade de Economía e Empresa dispón de aulas informáticas con ordenadores para o estudantado (véanse máis detalles na web da Facultade sobre o seu uso). Recordamos que o alumnado terá a obriga de consultar con regularidade a páxina de moodle da materia, pois será a vía que o/a docente utilizará para subir información sobre todos os aspectos relacionados coa materia. Ademais, o estudantado deberá subir unha foto actualizada ao perfil do moodle para a súa correcta identificación. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia serán solicitados en formato virtual e/ou soporte informático. A entrega realizarase a través de Moodle en formato dixital, sen necesidade de imprimilos. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas; de igual xeito, influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |