Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Matemáticas II | Código | 650G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A21 B2 B5 B14 C1 | Ao longo do curso haberá 2 probas obxectivas de resposta múltiple, a súa ponderación na avaliación final é do 20% (2 puntos). | 20 |
Proba mixta | A21 B2 B5 B14 C1 | O exame final (presencial) suporá un 60% da cualificación final (6 puntos). Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceitos, a utilización de razonamentos axeitados, a boa utilización da linguaxe matemática e a destreza no planeamento e resolución dos problemas. |
60 |
Proba práctica | A21 B2 B5 B14 C1 | A resolución de problemas mediante 2 probas presenciais puntuará un 20% (2 puntos). Nesta proba valorarase especialmente a capacidade de razoamento matemático do estudantado | 20 |
Observacións avaliación | |||
Cualificación de Non presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida. Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de información. Poderá ser denegada a entrada na aula do exame con este tipo de dispositivos. Utilización de calculadora: As calculadoras que se poden utilizar non deben ter NINGUNHA das seguintes características: Posibilidade de transmitir dados, ser programábeis, pantalla gráfica, resolución de ecuacións, operacións con matrices, cálculo de determinantes, derivadas e/ou integrais, armazenaxe de dados alfanuméricos. Cando posúa algunha destas características será retirada. Se durante o percurso da proba se constatase o uso de unha calculadora non permitida, adoptaranse as mesmas medidas que cando o estudantado está copiando. Convocatoria adiantada a decembro: Realizarase un exame (proba mixta) que valerá dez puntos. Avaliación Continua (1ª oportunidade): A avaliación continua consistirá na realización de varias probas tipo test (Proba Obxectiva) e a realización de diversas probas prácticas (Proba Práctica) na aula. A avaliación continua pondera un 40% do total da cualificación final. Exame Final (1ª e 2ª oportunidade): Realización dunha Proba mixta. Pondera un 60% do total da cualificación final. Avaliación Continua (2ª oportunidade): queda sen valor a puntuación de avaliación continua (proba obxectiva e proba práctica) acadada na primeira oportunidade. A segunda oportunidade consta de unha reavaliación da prueba obxectiva, mediante unha proba de resposta múltiple valorada no 20% da cualificación final e unha reavaliación da prueba práctica mediante a resolución de exercicios análogos aos das probas de aula, valorada no 20% da cualificación final. O alumnado con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia terá o mesmo sistema de avaliación que o resto do alumnado coas mesmas obrigas e dereitos. |