Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A20 B7 C3 C6 Prácticas na aula de clase e/ou de informática utilizando os programas de axuda da AEAT. O alumno terá que resolver distintos exercicios que serán avaliables, incluirase unha declaración do IRPF co programa de axuda da AEAT. Estes exercicios deberán ser entregados. 10
Proba obxectiva A3 A7 B1 B3 B4 B5 C1 É un exame escrito que consitirá na liquidación do IRPF. 40
Proba de resposta múltiple A3 A7 B3 C1 Consiste en formular unha cuestión e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. 25
Solución de problemas A1 A2 A7 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A20 A23 B2 B6 B11 B12 B13 C2 C7 Resolución de exercicios e supostos prácticos de liquidación que deberá entregar 25
 
Observacións avaliación

A)        NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.         Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame
con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento de información.

 2.         Identificación do estudantado: O estudantado ha de acreditar a súa
personalidade de acordo coa normativa vixente.

 

B)        TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.         Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só
participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao
20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

 2.         Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia
: Excepto para as datas aprobadas na
Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas
acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa
súa dedicación.

 

C)        OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1.         Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación
anteriormente indicados nesta sección.

2.         Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos para
todalas oportunidades de avaliación. Os estudantes poderán mellorar a
cualificación da proba de resposta múltiple incluída no apartado de avaliación
continua. As cualificacións correspondentes a prácticas a través de TIC e
solución de problemas serán as mesmas que na primeira oportunidade. 

3.         Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible
recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á
proba obxectiva final.

 

D)        OUTRAS OBSERVACIÓNS DE
AVALIACIÓN:

1.         Para superar a materia,
ademais de ter unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10, é necesario
alcanzar un 1.4 sobre 3.5 na proba obxectiva (4 sobre 10)

2.         O estudantado poderá
mellorar a súa cualificación na avaliación continua, en 1 punto como máximo,
mediante a súa participación en actividades académicas desenvolvidas polo
centro e recomendadas polo profesor.

3.         O estudantado que cursou a
materia no curso 2020-21 pode manter a cualificación correspondente a prácticas
mediante TIC e solución de problemas correspondentes.  A puntuación das mesmas estará ponderada en
función dos novos pesos destes  ítems na
cualificación.