Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Estatística II | Código | 650G01018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario | |
|
Observacións | |
1. REQUISITOS PREVIOS. Esta materia é a continuación da Estatística I de primeiro curso; por iso é recomendable que os alumnos estean familiarizados cos conceptos que se imparten na mesma, especialmente coas distribucións de probabilidade tanto discretas como continuas, o manexo das táboas de probabilidade e o teorema central do límite. 2. ADAPTACION DA DOCENCIA PRESENCIAL A SEMIPRESENCIAL. Se a Facultade de Economía e Empresa determina que a docencia pase a impartirse de maneira semipresencial, seguiranse as instrucións ditadas polo decanato da devandita facultade e as clases que así se establezan pasarán a impartirse por videoconferencia a través de Teams no horario que corresponda. Tanto o resto da actividade docente como os criterios de avaliación serán os mesmos que na modalidade presencial, polo que será válido todo o exposto nesta guía docente. 3. INFORMACION DO CURSO. Toda a información do curso atoparase no Campus Virtual xeral da materia e/ou nos dos grupos específicos creados para as diferentes titulacións e/ou grupos. A principios de curso porase a disposición do alumnado unha guía complementaria e aclaratoria para cada un dos grupos e/ou titulacións. Entre outras cuestións, na guía explicaranse con máis detalle as actividades do obradoiro e os traballos tutelados e establecerase a cronoloxía de entrega dos boletíns de exercicios, da proba mixta de avaliación de conceptos teóricos - prácticos e do traballo de curso. 4. OUTRAS CONSIDERACIÓNS - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase en formato virtual e realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. |