Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos combinados coa realización de exercicios prácticos.
Solución de problemas Proporanse dous exercicios prácticos para o alumnado realizar de forma individual. Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados no espazo da materia no Campus Virtual.
Prácticas a través de TIC Impartiranse aulas prácticas. Realizaranse probas, entregas de exercicios, etc. que se deberán entregar nos prazos e segundo as normas que se establezan durante cuadrimestre.
Traballos tutelados Proporanse un traballo que o alumnado terá que levar a cabo de forma individual. Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados no espazo da materia no Campus Virtual.
Proba mixta Realizarase un exame escrito que conterá preguntas curtas, preguntas test e exercicios sobre os contidos da materia.