Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A4 A5 A9 A11 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Desenvolveranse no horario que a FEE programe para cada grupo.

Durante o cuadrimestre valorarase o traballo e resultados do alumnado de forma continuada a través de boletíns de exercicios entregables, probas, etc.

É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. De a/o alumna/o non acadar coa avaliación continua a puntuación mínima esixida, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na segunda oportunidade.
30
Traballos tutelados A1 A5 A11 A12 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B12 C1 C3 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal, mais tamén se terá en conta o proceso de desenvolvemento en si. As datas de entrega marcaranse durante o curso.

É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima neste traballo para superar a materia. De a/o alumna/o non acadar a puntuación mínima esixida na 1ª oportunidade, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na 2ª oportunidade.
30
Proba mixta A19 A20 A24 B1 B3 B4 C2 En cada oportunidade, desenvolverase nas datas oficiais que a FEE sinale para cada materia.

Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. De a/o alumna/o non acadar a puntuación mínima esixida na 1ª oportunidade, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na 2ª oportunidade.
35
Solución de problemas A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A24 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os exercicios realizaranse e avaliaranse durante o cuadrimestre, e computarán para a cualificación final da materia.

Non é necesario acadar unha puntuación mínima nesta parte para superar a materia.
5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso aprobar as Prácticas, o Traballo e a Proba Mixta (isto é, acadar, polo menos, o 50% da puntuación máxima de cada unha delas). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.

O profesorado poderá solicitar a defensa de calquera das tres probas/traballos.

Alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as normas para a avaliación do traballo e da proba mixta serán as mesmas que para o caso xeral. Para a avaliación das prácticas a través das TIC e a petición da/o alumna/o, establecerase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Oportunidade adiantada: o alumnado será avaliado a través dunha única proba mixta que lle permitirá acadar o 100% da puntuación. 


Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. 


Sobre condicións de avaliación final: está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

Identificación de estudantes: Cada estudante debe de acreditar a súa identidade dacordo coa normativa vixente.