Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 Durante o cuadrimestre, e como parte da actividade académica do grupo, realizarase un conxunto de actividades de carácter mixto e contido teórico-práctico, algunhas delas de carácter puntuable.
A primeira oportunidade consistirá nunha avaliación continua (EC), de 0 a 10 puntos, a partires das tarefas que se definan como puntuables, sen exame final. Descartarase a actividade puntuable con peor calificación cualificación e o resto promediarase aplicando as ponderacións que se indiquen, o no seu defecto, calculando unha media simple.
A cualificación da segunda oportunidade calcularase sobre un máximo de 8 puntos promediando un exame final comprensivo de tódolos obxectivos e competencias da materia (4 puntos), e a EC (4 puntos), que incluirá unha recuperación para tódalas probas puntuables cualificadas con suspenso no seu momento, e so UNHA das non realizadas; nesta segunda oportunidade tomarase o mellor resultado (cuadrimestre ou recuperación) de cada unha desas probas de EC, sen descartar nengunha.
En ámbalas dúas oportunidades, as probas non realizadas computaranse a efecto de cálculo cun cero, coas únicas excepcións previstas na normativa académica da UDC e nesta guía.
Os alumnos con dispensa de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación en ámbalas oportunidades.
A oportunidade adiantada avaliarase a partir dun exame teórico-práctico sobre 10 puntos, comprensivo de tódolos contidos e competencias propios da materia segundo a guía do curso inmediatamente anterior.
100
 
Observacións avaliación

Datas e formato das actividades avaliables: sen perxuízo das
datas que a Facultade poida sinalar no calendario oficial de exames, as que
configuran a avaliación continua realizaranse no momento, formato e condicións
que decida o equipo docente, considerando as necesidades da metodoloxía
aplicada en cada momento, e o traballo que está realizando o grupo. Poden ser
presenciais ou deslocalizadas, en formato papel ou electrónico, individuais ou
grupais, e en todo caso forman parte da dinámica académica ordinaria, de
maneira que non está garantido que a súa realización sexa advertida con
antelación.

Criterios específicos para as actividades realizadas por
medios electrónicos: deben ser accedidas, realizadas e entregadas nos prazos e
condicións que se indiquen en cada caso. Enténdense realizadas se os rexistros
das plataformas amosan que se accedeu a elas, con independencia de que se
graven ou non respostas, e se ou non a entrega. De se omiti-la confirmación, a
actividade entenderase entregada en branco y cualificarase cun cero. O incumprimento
das normas da proba suporá a expulsión dela, cunha cualificación de cero na
mesma e, no seu caso, a incoación de expediente por fraude conforme á normativa
académica. Isto aplícase, en particular, ó acceso extemporáneo ás probas
telemáticas.

Dispoñibilidade de recursos técnicos: o equipo docente pode
decidir que as probas, tanto presenciais como deslocalizadas, se realicen en
soporte electrónico. Os alumnos son responsables de dispoñer dos medios
necesarios para accederen a recursos electrónicos y no seu caso realizaren unha
avaliación neste formato. Se carecer deles, poden consultar á UDC a
posibilidade de que lles sexan facilitados.

Cualificación de non presentado: corresponde ó alumno, cando
so participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó
20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación lograda.

Idiomas: a opción por un idioma concreto para a realización
das probas de avaliación deberá realizarse por escrito y dentro da primeira
semana lectiva del cuadrimestre en que se imparte la materia, e será atendida
na medida en que as posibilidades técnicas e organizativas o permitan.

Uso de recursos TIC: os dispositivos e aplicacións que
permitan comunicación, almacenamento e/ou uso compartido de datos deben permanecer
inactivos e fóra da vista, a menos que o seu uso estea xustificado pola actividade
académica e exista autorización previa por parte dos profesores. Enténdese
activo calquera servizo dispoñible en segundo plano e/ou habilitado para
recibir notificacións, mensaxes ou acceso a recursos compartidos dende ou cara
a terceiros; por tanto, os alumnos son responsables de pechalos ou
inhabilitalos cando o seu emprego non estea xustificado nos termos anteriores. O
incumprimento destas normas implicará a expulsión da proba, unha cualificación
de cero, e no seu caso a incoación de expediente por fraude académico.

Identificación: os alumnos deben acreditar fehacientemente a
súa identidade dacordo coa normativa vixente, empregando os medios adecuados en
cada circunstancia