Sesión maxistral |
As sesións maxistrais correspóndense a dúas modalidades de clases: (i) ás clases teóricas presenciais impartidas na aula; (ii) ás clases asíncronas que se entregarán ao alumnado en diversos formatos (videolecciones, apuntamentos en formato pdf, etc.) e que se colgarán en Moodle. Estarán destinadas fundamentalmente para os obxectivos de coñecementos ou de saber. |
Análise de fontes documentais |
Constará de dous partes:
(i) Procura e análise de documentos multimedia (blogues, vídeos, páxina web, contas de Twitter, podcast, etc.) relevantes e relacionados coa temática da materia. En grupos de 2-3 alumnos/as analizarán e realizarán o seguimento dun recurso, e explicarán porqué a súa elección e porqué a recomendación da súa lectura, visionado ou escoita.
(ii) A partir dun artigo relacionado coa temática da materia, cada estudante analizará as características deste, as características métricas da revista de publicación e presentarase un resumo-análise dos diferentes apartados do artigo. Engadirase ademais unha procura de 2 artigos publicados nos 5 últimos anos relacionados coa temática de tal artigo e un resumo xeral de cada un deles. |
Proba de resposta múltiple |
O exame constará de 30 preguntas tipo test, de resposta simple, onde cada 2 respostas incorrectas restarán unha ben contestada. O exame terá un valor do 40% da nota total da materia.
Requírese alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10 para aplicar todas as porcentaxes asignadas a cada metodoloxía.
|