Estudo da anatomía dos membros superiores e inferiores, do sistema cardiorespiratorio e da esplacnoloxía.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios nos contidos.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen: mantéñense todas as metodoloxías, excepto o traballo tutelado e a súa exposición oral. Ademais, non computan na avaliación da materia a participación activa nas prácticas de laboratorio nin o obradoiro.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
As sesións maxistrais e as prácticas de laboratorio (nas que se imparten contidos teóricos co apoio na docencia presencial do uso de maquetas e de ósos da osteoteca) faranse a través de Teams.
A proba obxectiva realizarase a través de MOODLE e suporá o 80% da nota final da materia.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Farase a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia. En particular, empregarase: correo electrónico, MOODLE e Teams. As titorías serán a demanda, previa solicitude por correo electrónico e, preferiblemente, en horario oficial de titorías.
4. Modificacións na avaliación:
A avaliación consistirá en:
Proba mixta: 20%.
Proba obxectiva: 80%.
Ambas probas (mixta e obxectiva) realizaranse a través de MOODLE.
A proba obxectiva consistirá unicamente dun exame tipo test.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías