Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Dúas modalidades:
a) Estudo de caso múltiple que consiste na análise de experiencias, proxectos ou iniciativas que fagan uso de metodoloxias de investigación participativas, similares a investigacióm-acción e persigan innovacións auténticas desde unha perspectiva intersecional, decolonial e ecofeminista.
b) Traballo de investigación que consiste nunha recollida e análise de datos de campo, a produción de coñecemento colectivo e o deseño de accións de cambio, por exemplo Fotovoz, con perspectiva ecofeminista sobre a base de problemas que cruzan a relación corpo/territorio/mundo como a menstruación.
Seminario Traballarase sobre diferentes documentos para ir construíndo coñecemento colectivo a partir da lectura ou visionado de documentos articulando ideas claves e aplicando ferramentas para o análise e deseño de procesos e acciones de investigación participativa e innovación auténtica.
Presentación oral Presentación ou desenvolvemento de actividade apoiada en documentos de formato múltiple para amosar o proceso e os achados do traballo tutelado.