Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A34 B2 B3 B4 B6 C1 C3 C4 C8 C9 Consiste nunha memoria que o alumnado entregará contendo os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno no periodo de prácticas. 60
Saídas de campo A35 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 C6 C7 Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc. 40
 
Observacións avaliación

NOTA: A UDC
regula a matrícula
de estudantes a tempo parcial
, criterios que tamén serán tidos
en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo
de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que
se desenvolverá o seu proceso de ensino-aprendizaxe. 

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a
de xuño.

Aspectos a ter en conta:



- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural.



- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.



- Será primordial e obrigatoria a corrección ortográfica
(ortografía, acentuación e puntuación) gramatical e léxica nos traballos e
exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.



- No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das
probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.
4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e
a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".