Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Función titorial e orientación académica | Código | 652601002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 | No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. Ademáis cada estudante deberá facer unha avaliación individual da materia e o traballo realizado nela. | 40 |
Proba mixta | A5 A7 A9 A10 A30 A34 A37 | Que constará de preguntas tipo test de resposta múltiple (o 40% da cualificación da proba) e preguntas de desenvovemento con resposta breve (60% da proba). |
40 |
Simulación | A7 A12 A34 A37 C1 C3 C4 C7 | Consistirá na presentación do traballo suxerido mediante un xogo de rol. | 20 |
Observacións avaliación | |||
ALUMNADO ASISTENTE Para que os estudantes podan ser avaliados segundo a planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións interactivas, do 80%. Para superar a materia é obrigatorio aprobar todas as metodoloxías avaliables:
No caso de non aprobar unha das metodoloxías, a cualificación final da materia será como máximo de 4 puntos. ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL (DISPENSA ACADÉMICA) O alumnado que teña recoñecida a dispensa de asistencia pola Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidade de avaliación continua ou optar por asistir ao exame final cunha cualificación (calificación do 100% da nota). O ALUMNADO QUE ASISTA A MENOS DUN 80% DAS SESIÓNS INTERACTIVAS, deberá realizar un exame de carácter teórico-práctico que será o 100% da cualificación final. É preciso ter superadas as diferentes partes que compoñan o mesmo. A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios de avaliación que a primeira oportunidade. Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia. No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". |