Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A28 C1 C3 O proxecto investigador proposto será presentado de forma oral, e valorarase seguindo criterios relacionados coa calidade e a claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos esixidos e o emprego de recursos innovadores. 20
Proba obxectiva A19 A24 A28 C1 C8 Proba escrita na que se valorará a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura por medio dunha proba que incorporará todos os contidos abordados na materia.

Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple e/ou resposta curta.
30
Traballos tutelados A28 A33 A35 C3 C4 C5 C8 Ao longo das sesións iránse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto investigador centrado nunha temática relacionada cos contidos do módulo. O alumnado deberá desenvolver eses contidos de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Realizarase de forma grupal e será entregado na data indicada pola docente o primeiro día de clase. 50
 
Observacións avaliación

Primeria oportunidade:

A asistencia a clase é obrigatoria (80%). Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado: 


(a) Alumnado asistente: o que cumpra co requisito de asistencia dun 80% (sesións teóricas e prácticas). Será avaliado seguindo os criterios propostos para a "Avaliación" da materia, sendo necesario que realice o traballo tutelado (50%), a presentación oral (20%) e a proba obxectiva (30%). Debe acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos. 

(b) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial: atendendo á norma que regula o régimen de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 e 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue ao docente. O alumnado que se adhira a esta modalidade terá que presentar a proposta de proxecto investigador que será valorada cun 50% da calificación final da materia (o prazo máximo de entrega será o mesmo que para os seus compañeiros/as asistentes) e terá que realizar o exame da proba obxectiva, cuxa calificación será o 50% da nota final. Debe acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos. 

(c) Alumnado non asistente: aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%. Será avaliado únicamente a través dunha proba mixta, esta proba conterá dúas partes, unha delas (50%) referida a preguntas sobre os contidos prácticos da materia e a outra (50%) na que se avalíen os contidos teóricos. Debe acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos. 

Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademásis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio.



No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das
probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.
4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e
a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet,
sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu
autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

Segunda oportunidade: 

O alumando fará unha única proba na data do exame oficial. Para superar a materia necesitará obter polo menos 5 puntos sobre os 10 posibles.