- Para aprobar a materia cómpre superar todas
as partes (en calquera das dúas oportunidades), polo que será necesario obter
no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade, o
alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a cualificación daquelas que
fosen superadas.
- Os/as estudantes que se ausenten en máis dun 20% das horas lectivas serán avaliados soamente por medio da proba de ensaio, tanto na primeira como na segunda oportunidade. A(s) tarefa(s) encomendadas a estes/as alumnos/as poderán diferir (en forma e/ou contido) das que se lle asignen ao resto do alumnado.
- Os/as estudantes que conten coa dispensa académica suplirán a participación nas actividades presenciais mediante a entrega de breves exercicios escritos (que lles serán propostos polo equipo docente).
- Os traballos entregaranse, por defecto, de xeito telemático. De non ser posible, recoméndase que non se utilicen plásticos na encadernación, que se imprima a dobre cara e que se empregue papel reciclado. Cómpre, en suma, facer un uso sustentable dos recursos, a fin de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Nos nosos comportamentos persoais e profesionais, debemos abrazar principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade.