Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Organización e Avaliación de Institucións Educativas | Código | 652G01012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Presentación oral | Exposición grupal dun guión/bosquexo do traballo tutelado, que terá lugar durante a semana anterior ao período non lectivo de Decembro-Xaneiro. |
Traballos tutelados | Realización en pequeno grupo dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas na aula e durante a presentación oral do guión do mesmo. Dito traballo consistirá na análise e relación de contidos abordados ao longo do cuadrimestre. Recoméndase a entrega dos traballos impresos sen plásticos de encadernación, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir bosquexos (racuños/borradores). Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para máis información sobre a elaboración e entrega do traballo escrito, véxase o espazo da materia na plataforma Moodle. |
Proba mixta | A proba mixta consistirá nun exame, sen material, composto por preguntas de resposta breve e preguntas de desenvolvemento. Pode requirirse, ademais, a realización dun esquema ou mapa conceptual. |
Análise de fontes documentais | Lectura e análise da documentación seleccionada como obrigatoria para traballar a materia. |
Discusión dirixida | Debates e posta en común, en pequeno, mediano ou grande grupo, dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre. Estes debates versarán sobre o contido das fontes seleccionadas como material de traballo obrigatorio. Con carácter xeral, ese material deberá ser preparado fóra do horario de clase. |
Aprendizaxe colaborativa | Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral. |
Sesión maxistral | Exposición oral, por parte da docente, e con apoio de recursos audiovisuais, de contidos relacionados co temario da materia. |
Simulación | Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeies dentro de situacións conflictivas onde intervieñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersonais, o comportamento, os valores e as atitudes. |
Obradoiro | Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. - No noso caso, procurarase organizar, xunto con outro profesorado do Grao, unha serie de obradoiros dirixidos por especialistas de diferentes pedagoxías aplicadas a contextos actuais da práctica educativa nos centros de Educación Infantil. |
Estudo de casos | Metodoloxía na que o suxeito é confrontado coa descrición dunha situación específica cun problema a ser entendida, valorada e determinada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión. O alumnado está perante un problema concreto que describe unha situación real de traballo, e debe ser capaz de analizar unha serie de eventos relativa a un determinado campo de coñecemento ou acción para dar unha resposta fundamentada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |