Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación e titoría | Código | 652G01016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de ensaio | A8 A11 A12 A32 B2 B22 C6 | Proba/s asíncrona/s na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. | 30 |
Simulación | A10 A32 B6 | Valorarase a representación preparada en grupo e tutorizada pola profesora da materia. | 15 |
Presentación oral | A10 A11 A12 A22 A32 B2 B5 B6 B11 B12 B15 B22 C3 C6 | Valoraranse os coñecementos adquiridos, as habilidades para expoñelos publicamente e o uso das novas tecnoloxías. | 25 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A22 B11 B14 C5 C3 | Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico a teoría dun ámbito de coñecemento. | 15 |
Proba obxectiva | A8 A11 | Ao longo do transcurso da materia o alumnado realizará dúas probas escritas (de maneira virtual) para a avaliación continua do seu proceso de adquisición da aprendizaxe. | 15 |
Observacións avaliación | |||
Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na calificación global da mesma. Polo tanto, o día marcado no calendario oficial (día 23 de maio 2022) non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar a docencia da materia. É por iso que para o alumnado que por motivos xustificados non poda asistir, se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar pendente das actividades plantexadas e das datas de entrega das mesmas. É obligatorio que o alumnado baixo esta modalidade o comunique nas dúas primeiras sesións do cuadrimestre mediante unha titoría coas docentes. No caso de non facelo a calificación da materia na Primeira Oportunidade será de Non Presentado. A convocatoria de Xullo estará destinada ao alumnado que ben no superase a materia ou ben que non se presentase.
Nos dous casos é preciso entregar as actividades con data límite o 1 de xullo de 2022. Realizándose a proba obxectiva que supón un 15% da calificación total, na data oficial (8 de xullo 2022). |