Metodoloxías
Proba de resposta breve
Traballos tutelados
Descrición
Para levar a cabo o traballo tutelado, o alumnado debe realizar as titorías que sexan necesarias en grupos pequenos para revisar o mesmo. As docentes poden facer suxerencias ou solicitar modificacións para achegar á entrega final.

Para algunhas das probas de resposta breve, haberá consellos e seguimento das profesoras da materia.

Brindarase atención personalizada a través das seguintes canles, co alumnado dependendo das necesidades do momento e as posibilidades de comunicación: titorías a través da área de traballo "Teams" da UDC, a través de videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través de chats e foros dispoñibles en Moodle.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN Ao ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.