Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización colectiva dun traballo tutelado que constará de dúas partes:
1. Elaboración dun portafolio que conterá o diseño de catro actividades didácticas baseadas nos obxetivos e no contido propio da materia, sendo a cuarta destas unha proposta didáctica consistente na realización dunha coreografía que, como as outras actividades, deberá contar cunha xustificación, así como coa formulación dos obxetivos e a especificación dos contidos que a sustentan.
2. Unha vez creada a coreografía, será escenificada e gravada en vídeo polos membros de cada grupo, podendo contar, entre outros, cos seguientes recursos complementarios.
- Percusión corporal.
- Dramatización musical.
- Creación de xogos musicais.
- Uso de reprodución, medios audiovisuales, musicogramas dinámicos, etc.
- Empleo de escenografía e traxes.
Proba mixta Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na formulación de preguntas e exercicios prácticos relacionados có temario oficial. A segunda (oral) consistirá na execución dunha ou varias cancións (a elección do profesor), dentre as obrigatorias do curso. As cancións leeránse e mediranse (solfeo), cantaranse a capella e interpretaranse coa frauta doce.
Obradoiro
Actividades individuais e colectivas que abarcarán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vocal.
2. Interpretación instrumental.
3. Práctica auditiva.
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e á educación musical.
Actividades iniciais Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Prácticas a través de TIC Transcrición dos exercicios teóricos, prácticos e compositivos aos formatos dixitais adecuados, segundo a súa natureza (abertos ou pechados).
Estes arquivos serán compartidos e entregados para a súa avaliación mediante as plataformas informáticas que se establezan.
Sesión maxistral Presentación e desenvolvemento na aula dos conceptos fundamentais dos contidos propostos.
Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/ás.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios, congresos ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.