Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A9 A15 A29 B5 O alumnado realizará un plan de prevención e/ou intervención para distintos tipos de factores de risco e alteracións no desenvolvemento. 25
Presentación oral A15 B9 C3 O alumnado presentará o plan de intervención realizado en grupo pequeno na aula, e propoñerá unha serie de cuestións para o debate e a participación. Valoraranse tanto os aspectos formais como os de contido. O grupo presentará unha estratexia de comunicación. 25
Portafolios do alumno A17 B4 B1 C8 Cada persoa realizará unha serie de resumos, profundando no coñecemento dunha alteración de desenvolvemento, a súa avaliación e as intervencións pertinentes. Cada alumno aprenderá dos demais compañeiros e compañeiras do grupo pequeno a identificar e avaliar outros tipos de alteracións. Valorarase a participación activa en clase. 50
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. 1ª OPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non ás clases, hai dúas modalidades de seguir a materia de "Atención Temperá" que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final.


Modalidade A: Avaliación Continua. Nesta modalidade levará a cabo unha avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e prácticas dos contidos da materia realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais, é dicir, só poderase faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B), sendo imprescindible ademais a participación activa e continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula. Esta avaliación levará a cabo a partir de: 

 a) cada alumno presentará o seu portafolio, que incluirá os resumenes e as actividades prácticas do grupo. Para superar satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as actividades e prácticas propostas e participar no traballo presencial e presencial como mínimo nun 85% das horas realizadas. Puntuarase tamén a participación activa en clase. Isto representa un 50 % da cualificación.
b) a exposición oral do plan de intervención e a preparación dunha estratexia de comunicación. Isto representa un 25% da cualificación.
c) cada grupo pequeno presentará un plan de intervención para distintos tipos de factores de risco e alteracións no desenvolvemento. (25% da cualificación)

Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar e participar de todas as actividades e tarefas propostas para cada tema mencionadas nos puntos a, b e c. EN cada actividade terase que superar o 50 % da cualificación.

Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia, que incluirá o contido das clases interactivas.

Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia, que incluirá o contido das clases interactivas.


1ª CONVOCATORIA: 2ª OPORTUNIDADE

Na Modalidade A, teranse que entregar as actividades que non se realizaron ou non superaron o 50%. A modalidade B mantense igual.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorias seguirase a Modalidade B de avaliación final, isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.