Teoría da educación constitúe unha das materias de carácter básico que se sitúa no primeiro curso e no primeiro cuadrimestre do Grao en Educación Primaria; un momento particularmente sensible e decisivo no comezo da construción da traxectoria formativa do estudantado universitario, e cuxos contidos e competencias resultan un alicerce pedagóxico esencial sobre o que se irán construíndo os piares da súa cualificación e desenvolvemento profesional. Xunto a outras materias coas que atopamos frutíferas conexións conceptuais e epistemolóxicas ao longo de toda a titulación, pretendemos axudar ao alumnado a analizar e comprender criticamente o fenómeno e procesos educativos dende unha perspectiva reflexiva e teórico-práctica. Afondarase asemade nos principios, fins e valores que orientan a función educadora, así coma no estudo dalgunhas das teorías, correntes e movementos educativos máis relevantes e representativos da nosa época, sen perder de vista a imprescindible defensa permanente dos dereitos da infancia. Deste xeito, ofrecerase unha visión actual e prospectiva dos principais desafíos aos que debe facer fronte a escola do século XXI no marco social e comunitario, achegándonos a algunhas das tendencias innovadoras que se albiscan como alternativas posibles e pedagoxicamente desexables, nomeadamente no contexto do ensino primario. Procurarase, xa que logo, contribuír –dende un enfoque emancipador, ético e transformador– á construción do pensamento pedagóxico das futuras mestras e mestres, avogando pola recuperación da súa función como intelectuais e creadoras de cultura.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Discusión dirixida
- Traballos tutelados
- Atención personalizada
- Análise de fontes documentais
- Recensión bibliográfica
- Estudo de casos
- Presentación oral
- Cartafol do alumnado
- Proba de ensaio
- Docencia presencial interactiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións maxistrais (expositivas) serán dadas integramente online e postas a dispor do alumnado a través da plataforma Moodle. Así mesmo, as metodoloxías adaptaranse sempre ao cumprimento da lexislación vixente en cada momento en relación á normativa aprobada por razóns de protección da saúde. Deste xeito as metodoloxías iranse axustando ao uso da ferramenta Teams e a plataforma Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
-Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumando. Todos os materiais e documentación íntegra da materia estará dispoñible para todo o estudantado a través desta plataforma. Poderase empregar tamén foros temáticos.
- Teams: Sesións de titorización individual ou de pequeno grupo para o seguimento dos traballos tutelados. Previa petición por correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación:
- Non se contemplan modificacións, máis aló da adaptación do formato á situación sanitaria (por exemplo, traballos grupais poden pasar a individuais).
*Observacións de avaliación:
Todas as actividades da avaliación deben superarse para aprobar a materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non se realizarán cambios. Os materiais de traballo estarán dispoñibles de forma dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías