Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da expresión musical | Código | 652G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Valoración dos coñecementos previos do alumnado. |
Traballos tutelados | Realización colectiva dun traballo tutelado que constará de dous partes: 1. Elaboración dun portafolio que contrendrá o deseño de catro actividades didácticas baseadas nos obxectivos e os contidos propios da materia, sendo a cuarta destas unha proposta didáctica consistente na realización dunha coreografía que, como as outras actividades, deberá contar cunha xustificación, así como coa formulación dos obxectivos e a especificación dos contidos que a sustentan. 2. Unha vez creada a coreografía, será escenificada e gravada en vídeo polos compoñentes de cada grupo, podendo contar, entre outros, cos seguintes recursos complementarios. - Percusión corporal. - Dramatización musical. - Creación de xogos musicais. - Emprego de playback, medios audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc. - Emprego de escenografía e vestiario. |
Obradoiro | Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica: 1. Interpretación vocal. 2. Interpretación instrumental. 3. Práctica auditiva 4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical. |
Proba mixta | Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na realización de exercicios prácticos relacionados co temario oficial. A segunda consistirá na execución (vocal e instrumental) dunha ou varias pezas do repertorio establecido. |
Prácticas a través de TIC | Transcrición dos exercicios teóricos, prácticos e compositivos aos formatos dixitais adecuados, segundo a súa natureza (abertos ou pechados). Estes arquivos serán compartidos e entregados para a súa avaliación mediante as plataformas informáticas que se establezan. |
Sesión maxistral | Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/as. Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia. |