Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A3 A6 A64 B7 B16 Avaliación final 30
Portafolios do alumno A3 A6 A14 A47 A48 A64 B4 B15 B16 B21 B22 B23 C4 C7 Dosier onde se recollerán as actividades traballadas nas sesións interactivas. 70
 
Observacións avaliación

O alumnado que asista a un mínimo do 85% das sesións interactivas acollerase ao réxime de avaliación de presencialidade. Este tipo de avaliación basearase na realización dunha serie de actividades e traballos prácticos que se irán desenvolvendo ao longo do curso e que o alumnado presentará (na data indicada polo docente) nun dosier de prácticas. Este dosier computará o 70% da cualificación final da materia. O outro 30% da cualificación corresponde a unha proba de tipo mixto (preguntas tipo test e de resposta curta) sobre os contidos abordados nas sesións expositivas. Para aquel estudantado que consiga a cualificación de "Apto" no dosier, a proba mixta terá un carácter voluntario (é dicir, esta proba non sería un requisito indispensable para aprobar a materia, pero, quen opte por presentarse a ela, deberá aprobala para poder superar a materia). 

Os/as estudantes que asistan a menos do 85% das sesións interactivas (réxime de avaliación non presencial) serán avaliados mediante unha proba mixta sobre os contidos abordados nas clases expositivas, que computará o 50% da cualificación, e mediante un exame práctico sobre os contidos desenvolvidos nas clases interactivas, que computará o outro 50% da cualificación. É imprescindible obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes para superar a materia. 

Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial terán o dereito a solicitar a dispensa académica, segundo contempla o apartado 5 do artigo 4 da Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno do 28 de xuño do 2016):

Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar aos Decanos e Directores dos
centros responsables da súa titulación a dispensa académica que lles exima da
asistencia a clase daquelas materias, ou partes de materias, nas que se admita a
citada dispensa na súa guía docente; porén en todo caso serán avaliados polo
sistema de avaliación continua . A solicitude de dispensa poderá realizarse no
momento de remitir a documentación xustificativa mencionada no apartado 1 deste
artigo.

Estos/as estudantes con recoñecemento de dispensa académica serán avaliados mediante un exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia, que computará o 100% da cualificación (o 50% corresponde ao exame de contidos teóricos desenvolvidos nas sesións expositivas, que será una proba mixta; e o outro 50%, ao exame de contidos prácticos, desenvolvidos nas sesións interactivas. É imprescindible obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes para superar a materia). 

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

Para o alumnado presencial:

1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dosier de prácticas e proba mixta, no caso de que decidan presentarse).

2. O dosier presentarase antes da data do exame oficial.

Para todo o alumnado:

1. A convocatoria de 2ª oportunidade de avaliación estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de 1ª oportunidade. 

2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 29/06/2017) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel/a estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

3. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 29/06/2017) no Art. 14.4., a realización fraudulenta das probas e/ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de "Suspenso" (0) na convocatoria correspondente, invalidando así calquiera cualificación obtida nas actividades de avaliación na convocatoria vixente.