Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arufe Giraldez, Victor
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
Profesorado
Arufe Giraldez, Victor
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
Web
Descrición xeral
O Graduado en Educación Primaria (prioritariamente con mención en Educación Física) debe realizar no seu labor profesional programas e propostas educativo-deportivas tanto na contorna escolar como no extraescolar.
O achegamento do Graduado en Educación Primaria (especialmente aqueles con mención en Educación Física) ao deporte na sociedade actual e á importancia que ten o seu desenvolvemento nas idades de Educación Primaria é un dos aspectos de maior importancia na Educación Física.
Coñecer e dominar os distintos modelos de ensino do deporte nos procesos de iniciación, valorar a situación do deporte na escola e reflexionar sobre os seus principais problemáticas, ofrecer ao futuro graduado referencias para adecuar tanto o seu enfoque como as súas propostas educativas ás características dos grupos aos que teñan que impartir clase.
A materia “Iniciación deportiva" pertence ao grupo de materias optativas, no plan de estudos de Grao en Educación Primaria.
O número total de créditos é de 4,5. A descrición do seu contido, reflectido no Plan de Estudos, indica os seguintes descriptores: o deporte na sociedade actual; a iniciación deportiva; análise da estrutura dos deportes; aspectos metodolóxicos do proceso de iniciación deportiva; a organización do deporte en idade escolar e problemáticas que afectan o deporte e á súa iniciación, o papel do educador e os principios pedagóxicos da educación motriz.
Plan de continxencia
Modalidade docente: Presencial
Plan de continxencia ante un novo escenario de pandemia que impida as clases presenciais ou por temas de aforo nas aulas que non permitan a presencialidade.
1. Modificacións nos contidos
Non haberá
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéranse todas as metodoloxías vinculadas ao traballo autónomo do alumno e docencia non presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As metodoloxías que fan referencia á presencialidade serán sustiuídas por metodoloxías de ensinanza non presencial
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Para a realización de tutorías utilizarase o correo electrónico ou a plataforma TEAMS no caso de facer videotutorías.
4. Modificacións na avaliación
A proba correspondente ao examen final da materia realizarase vía online, a través dun examen oral ou tipo test na aplicación moodle. O resto de instrumentos e criterios de avaliación manterase.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías