Análise de fontes documentais |
Actividades destinadas a que os estudantes realicen a lectura crítica e a análise das distintas fontes documentais de calidade relevantes para os temas de busca (relacionados coa Logopedia)
Como actividade grupal (5-6 alumnos), cada grupo fará un informe resumo, sintetizando en orde as ideas máis relevantes atopadas. |
Prácticas clínicas |
Nas prácticas clínicas e preferiblemente virtuais e, sempre que sexa posible, tamén en persoa en pequenos grupos de traballo, levaranse a cabo prácticas de introducción da avaliación e intervención de trastornos da voz, audición, fala e linguaxe. Así como ver vídeos específicos para comprender mellor os diferentes aspectos para a intervención logopedia (coñecementos básicos, avaliación e intervención). |
Lecturas |
Realizarán lecturas sobre alteracións na comunicación verbal para reflexionar e responder a preguntas específicas e propostas polo profesor. Esta actividade terá lugar durante as sesións interactivas, predominando o ambiente virtual. |
Estudo de casos |
Presentaranse casos clínicos con algunhas das alteracións ensinadas no tema 2 (voz, audición, fala e linguaxe) para introducir aos estudantes no manexo de datos clínicos, termos específicos e metodoloxía de programación terapéutica para a intervención logopédica.
|