Novas tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á intervención logopédica
Código
652G04032
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Terceiro
Optativa
4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Lorenzo Castiñeiras, Juan J.
Correo electrónico
j.lorenzo.castineiras@udc.es
Profesorado
Lorenzo Castiñeiras, Juan J.
Correo electrónico
j.lorenzo.castineiras@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia de novas tecnoloxías fará fincapé sobre o coñecemento e aplicación das ferramentas das tecnoloxías da información e a comunicación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de propostas educativas na intervención logopédica.
Pretende que o alumando desenvolva capacidades na selección de recursos TIC e o manexo de software para crear propostas de intervención enfocadas tanto á prevención coma o tratamento das dificultades relacionadas coa fala e a audición.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral.
- Discusión dirixida.
- Prácticas a través de TIC´s.
- Proba oral (posibilidade de desenvolvela virtualmente).
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Discusión dirixida virtual a través dun foro ao efecto en Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de foros temáticos para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas” e as "Prácticas a través de TIC´s".
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
1 sesión semanal (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (entre
6 e 8 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos traballos. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
* Posibilidade, se a situación o aconsella e existe acordo entre o alumnado (80% dacordo como mínimo), de suprimir a presentación oral e outorgar o 100% da nota ás prácticas TIC´s. En relación ás Prácticas TIC valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A organización e presentación.
*Observacións de avaliación:
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración dos traballos (Prácticas TIC) en grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración dos traballos (Prácticas TIC) individuais ou en pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (Prácticas TIC e Proba oral).
Entregar e expoñer as prácticas na data que se indique.
A convocatoria de xullo e extraordinaria estarán sometidas aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira
accesible gratuitamente en Moodle ou na web.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías