Metodoloxía para a Investigación Clínico-Epidemiolóxica e Traslacional
Código
653862302s
Titulación
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (semipresencial)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias da Saúde
Coordinación
Pértega Díaz, Sonia
Correo electrónico
s.pertega@udc.es
Profesorado
Pértega Díaz, Sonia
Seoane Pillado, María Teresa
Correo electrónico
s.pertega@udc.es
maria.teresa.seoane.pillado@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia ten como obxectivo amosar o proceso xeral de deseño dun proxecto de investigación cuantitativa no campo das Ciencias da Saúde, con especial énfase nos diferentes deseños epidemiolóxicos dispoñibles, as medidas epidemiolóxicas de uso máis recurrente e os principais métodos de análise estatística.
Plan de continxencia
MODIFICACIÓN NOS CONTIDOS
- Non se realizarán cambios
METODOLOXÍAS
Manteñense todas as metodoloxías propostas, que de ser o caso se aplicarán de modo non presencial a través de Teams e Moodle
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO
Utilizaranse as seguintes ferramentas na atención personalizada ó alumnado:
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar tutorías presenciais ou virtuais.
- Moodle: Diariamente. Disporase de foros para formular as consultas necesarias sobre os contidos da materia. Utilizarase para a entrega e comentarios de retroalimentación aos traballos que se soliciten no desenvolvemento da materia.
- Teams: Semanalmente. Empregarase para tutorías virtuais de xeito individual ou grupal para a resolución das dudas relacionadas cos contidos da materia e a elaboración das tarefas propostas. As clases expositivas e interactivas realizaranse a través de Teams nos horarios establecidos
MODIFICACIÓNS NA AVALIACÓN
Mantense o sistema de avaliación establecido na guía docente. As probas obxectivas realizaranse virtualmente a través de Moodle/Teams.
OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.
MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías