Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A3 A13 A26 A27 A30 A33 B1 B2 B3 B22 B36 C6 Proba individual na que se desenvolverán supostos prácticos mediante o uso de programas estatísticos-epidemiolóxicos. (Máximo 10% da nota final da materia) 10
Proba de resposta múltiple A3 A26 A27 A30 A32 A33 B2 B3 C6 Proba na que se evaluará o dominio dos conceptos estatísticos básicos. 50
Solución de problemas A3 A27 B1 B2 B3 B22 C6 Realizaranse boletíns de exercicios que deben resolverse de maneira individual mediante a aplicación dos coñecementos traballados nas clases maxistrais e nas prácticas a través de TIC, valorarase:
- A entrega da totalidade dos traballos propostos
- A adecuación das respostas
- A presentación e a claridade na descrición dos resultados
- A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web adecuados para a resolución do problema
As condicións concretas de realización destas probas publicaranse na aula virtual.
(Máximo 15% da nota final da materia)
15
Traballos tutelados A3 A13 A25 A26 A27 A30 A32 A33 B1 B2 B3 B22 B36 C6 Consiste en realizar en grupos de estudantes un traballo de investigación: deseño, recollida e análise de datos. Exposición e defensa do traballo.
As condicións concretas de realización deste traballo grupal explícanse aos alumnos ao longo do desenvolvemento da materia. Valorarase o manuscrito e a defensa do traballo (Máximo 25% da nota final da materia).
25
 
Observacións avaliación
Nota importante

A puntuación mínima para superar esta asignatura será de 5
puntos.


Exames parciais

Na parte correspondente á materia por cuadrimestre realizarase un exame parcial, que poderá combinar preguntas de resposta múltiple, resposta breve, resolución de exercicios e interpretación de resultados. É imprescindible alcanzar polo menos a puntuación de 3 sobre 10 nos exames parciais para facer media cos outros compoñentes da avaliación. Superar os exames parciais (polo menos un 3 sobre 10) eliminará a materia obxecto de exame parcial no exame de convocatoria ordinaria. Os alumnos con menos dun 3 no exame (independentemente da nota alcanzada na avaliación continua) deberán realizar o exame da materia nas convocatorias oficiais. Para obter a nota final do exame da materia (máximo 50% da nota final da materia) calcularase a media aritmética das notas obtidas nos exames parciais.

Exames en convocatorias oficiais

Proba final dividida en dous partes segundo a materia correspondente a cada cuadrimestre, incluirá preguntas de resposta múltiple, resposta breve, resolución de exercicios e interpretación de resultados. É imprescindible alcanzar polo menos a puntuación de 3 sobre 10 en cada unha das partes do exame para facer media cos outros compoñentes da avaliación (máximo 50% da nota final da materia)

No caso de que non se supere algún dos cuadrimestres na primeira oportunidade (polo menos un 3 sobre 10 no exame), a nota que figurará será: a calificación obtida tras a ponderación de cada parte si é inferior a 5, en outro caso a nota será un 4. Para a 2ª oportunidade manterase aprobada a parte correspondente ao cuadrimestre superado.

Avaliación continuada

mediante a realización de:

·          Traballos tutelados de investigación nos que se esixirá o dominio dos conceptos teóricos e prácticos impartidos na  matera, deberán entregarse en tempo e forma. (máximo 25%)

·          Resolución de casos e exercicios propostos polo profesor (solución de problemas e prácticas a través de TIC), nos que se esixirá o dominio dos conceptos teóricos e prácticos impartidos na  matera, deberán entregarse en tempo e forma. (máximo 25%)

Para superar a materia é necesario obter unha nota maior ou igual a 5 unha vez calculada a media aritmética entre a nota dos exames e a avaliación continua.

Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán contorna á devandita metodoloxía son a participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados nos probas e exames teóricos e prácticos e competencias referidas para esta materia.

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).

Os alumnos coas mellores cualificacións globais poderán ser convidados a realizar unha análise de matrícula que coincidirá coa realización do exame final, pero terá outro contido.