O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 del Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).
Para aprobar a materia, o/a alumno/a debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e acadar unha nota global mínima de 5 e ter superadas polo menos a metodoloxía de Prácticas Clínicas e Estudio de Casos. Para iso, será necesario ter unha cualificación mínima de 3,5 puntos (sobre 6) na metodoloxía prácticas clínicas e unha cualificación mínima de 1 punto (sobre 2) na metodoloxía estudo de casos, e só se terán en conta para a cualificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumna/a acada a dita puntuación nas mencionadas metodoloxías. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á da metodoloxía suspensa correspondente (nota obtida nas Prácticas clínicas ou Estudo de Caso). No caso de non superación da materia na primeira convocatoria, o/a estudante, deberá repetir a entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas durante a segunda oportunidade (xullo).
Segundo a norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña
(aprobada polo Consello de Goberno do 22 de maio de 2012), cando un(ha)
estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, terá
dereito a elixir de maneira preferente quendas e grupos de prácticas, entre os
distintos horarios e rotatorios que se oferten na materia.