Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Análise sobre lecturas que tratan algúns exemplos de casos turísticos dende a vertente sociolóxica. Haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre as lecturas. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.




10
Traballos tutelados A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Ao longo do curso o alumno/a deberá realizar un traballo en grupo sobre un tipo de turismo (a elixir) onde se analizará dende a perspectiva sociolóxica: concepto, breve evolución histórica, variables a analizar dende diferentes paradigmas de estudo e implicacións do estudo. O traballo está suxeito a exposición oral.

20
Proba mixta A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 Exame mixto de dúas partes: test e preguntas de desenvolvemento.

60
Estudo de casos A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Visionado de películas que tratan o turismo dende unha perspectiva sociolóxica. Despois da súa análise haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre esta. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.




10
 
Observacións avaliación

Modalidade presencial:

Traballos tutelados, estudo de casos e lecturas son traballos obrigatorios para a avaliación continua e o alumno/a terá que obter un mínimo de 5 para facer media co exame teórico.

1ª Oportunidade: a parte práctica ten un valor dun 40%, a parte teórica (exame) ten un valor dun 60%. No caso de suspender nesta oportunidade unha das partes, guardase a nota para a segunda oportunidade. No caso de ser N.P. o alumno/a poderá entregar todos os traballos obrigatorios para presentarse ao exame da 2ª oportunidade.

2ª Oportunidade: no caso de ser N.P. ou suspenso  (parte práctica) na 1ª oportunidade, o alumno/a poderá entregar todos os traballos obrigatorios requeridos para tentar aprobar a materia na 2ª oportunidade.

A nota da parte práctica (en caso de estar aprobada) gardarase só para o inmediato curso seguinte e oportunidade adiantada.

O alumno/a obtendrá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que presentase traballo durante o curso (independentemente da oportunidade).

Permítese unha dispensa de asistencia máxima dun 20%. A partires do 20% as ausencias teñen que xustificarse por motivos de traballo, prácticas, enfermidades ou ter solicitado a dispensa académica de exención de asistencia, de non ser así, pode quedar afectado a porcentaxe de avaliación de ambas as partes

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente poderá facer os traballos obrigatorios non presenciais, e facerlos chegar ao profesor/a para a súa avaliación.