Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A27 B1 B2 B4 C1 C4 C6 C8 Proba que integra proba de ensaio e preguntas obxectivas.
En canto a proba de ensaio, recolle a análise dun texto relacionado co traballado durante a materia . En canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación
60
Traballos tutelados A27 A19 A14 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Durante o curso, estableceranse diferentes exercicios que poderán tratar sobre documentos relevantes para a temática da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. A final de curso realizarase a exposición oral dun traballo sobre un caso ou tema aprobado pola profesora co que se relacionarán os temas aprendidos ao longo da materia (ao comezo das clases daranse as pautas necesarias para a súa realización). Na avaliación continua terase en conta igualmente todos os traballos realizados durante o curso -como comentarios, exercicios ou procuras propostas pola profesora, charlas recibidas, experiencias de campo, tarefas desenvolvidas, etc, sempre explicando a súa conexión coa materia- así como a asistencia. 40
 
Observacións avaliación

O alumnado do grao on line non ten a obriga de asistir ás clases programadas na semana, pero sí a visualizar as clases maxistrais ou interactivas gravadas, así como os materiais engadidos na plataforma Moodle. Valorarase a participación nos foros propostos e a asistencia a titorías individualizadas.

Todas as probas teñen que superar o 50% da nota, para poder facer o cómputo final

O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun " NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación.

Tanto en primeira como en segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación.

A convocatoria adiantada consistirá nunha proba mixta que computará o 100% da materia

O traballo será presentado e defendido  tanto por escrito como en formato on line, mentres que a proba mixta haberá de realizarse de forma presencial.

A detección de plaxio o falsedade será penalizada co suspenso na materia.