A través do estudo da materia, preténdese un achegamento ao funcionamento da Administración Pública español e á estrutura e contido do sistema e ordenamento tributario español, destacando as particularidades que pola súa incidencia no ámbito turístico revisten un maior interese.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Impartiranse os mesmos contidos previstos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Esencialmente a metodoloxía será o máis similar posible, pero a través de outros medios
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Sesión maxistral: Pasa a ser pola aplicación Teams, mantendo o seu horario habitual
-Traballos tutelados: Estes traballos pasan a ser tutelados mediante tutorías a través de Teams e correo electrónico
-Aprendizaxe colaborativo: En lugar de facerse de xeito presencial na aula os/as alumnos/as débenos facer pola súa conta e remitirllos ao profesor, que llos devolverá corrixidos
-Proba obxectiva: Pasa a realizarse mediante Moodle en lugar de presencialmente
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Teams. Entre dúas e tres veces por semana. Dúas para sesións teóricas para todo o grupo e unha terceira (ou máis de ser preciso) para grupos máis reducidos, segundo as súas necesidades
-Moodle. Utilizarase entre dúas e tres veces á semana, esencialmente para subir documentación que se utilizará na asignatura.
-Correo electrónico. Utilizarase diariamente. A través do mesmo resolveranse dúbidas dos alumnos/as e tamén se procederá á entrega e corrección de prácticas.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados 40%
Aprendizaxe colaborativo 30%
Proba obxectiva 30%
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías