A materia pretende introducir o alumnado no estudo das formas que adopta o libro manuscrito antigo e medieval. Préstase especial atención á descrición morfolóxica dos soportes de escritura e aos procesos polos que estes pasan para recibiren a escritura. Outro aspecto salientable é a descrición e catalogación de libros antigos, na que se centra a parte práctica da materia. As prácticas de análise fanse sobre facsímiles e recursos electrónicos. Se for posible, intentarase organizar unha visita a un arquivo ou biblioteca para que o alumnado teña contacto directo con algún manuscrito medieval.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas (computa na avaliación)
Traballo tutelado (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral: substituída polo uso da plataforma de teleformación (moodle) e sesións virtuais síncronas a través de Teams para a resolución de dúbidas e cuestións
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moddle: cada semana poranse a disposición do alumnado tres temas cos materiais correspondentes (presentacións, bibliografía, estudos de caso, materiais complementarios), a razón de un tema cada dous días. Tamén se empregará o foro de novas para comunicacións varias.
Teams: prevense seis sesións síncronas, dúas durante as dúas semanas en que se imparte a materia e outras dúas posteriormente, para resolver dúbidas en relación coas tarefas encargadas.
Titoría virtual: Atención permanente polo correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Lecturas (40%): Avaliación dos traballos sobre a bibliografía indicada.
Traballos tutelados (60%): Traballo práctico individual (descrición dun códice a partir dunha reproducción dixital).
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente (pero, de ser o caso, so se computará a asistencia ás sesións maxistrais presenciais ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial).
A modificación das metodoloxía de avaliación aplicarase a todo o alumnado.
Son condicións para superar a materia: asistir e participar nas actividades programadas; entregar os traballos nas datas que se indiquen; obter un 50% na suma da calificación das actividades avaliables.
A oportunidade de xullo estará sometida ás mesmas condicións que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado terá á súa disposición os materiais dixitalizados en mooddle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías