Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas Documentais Aplicadas á Investigación Científica | Código | 710G02041 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | B3 B4 C1 | Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou plantexando dúbidas de forma constructiva. | 10 |
Portafolios do alumno | A1 A4 B6 B7 B9 C6 C7 C10 C11 C12 C13 C14 | Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. |
20 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 C1 C3 C14 C15 C17 | Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada. Será imprescindible acordar o tema coa profesora dentro do prazo establecido a tal fin. Requerirase a súa exposición na aula. |
30 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 B3 B6 B7 C5 C10 C11 | Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas plantexadas, o nivel de coñecementos demostrado, a ausencia de erros, as achegas persoais, así como a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia. Terase en conta a expresión, corrección ortográfica e presentación, que poderán restar puntos. | 40 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación, a condición de que se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías mencionadas a continuación: proba mixta, traballo tutelado e portafolios. Se a nota nalgunha destas metodoloxías é inferior a 4 suspenderase a materia. Cando sexa necesario acordar un tema ou presentadas fóra de prazo, non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora no prazo establecido para tal fin. Non se avaliarán os traballos tutelados entregados fora de prazo. Cando se teña consignado unha práctica da metodoloxía portafolios, as restantes entregas desa metodoloxía non entregadas nos prazos que se establezan cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar aos docentes como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio ter consensuado os temas do traballo tutelado e das prácticas do portafolios que o precisen como mínimo un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e as lecturas como mínimo 15 días antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades. Para presentarse so exame é requisito imprescindible ter consignado previamente o portafolios e o traballo tutelado. ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: Terán que acordar unha titoría coa profesora nas dúas primeiras semanas de clase. Terán que decidir se se acollen aos prazos de presentación de traballos da avaliación continua que serán comunicados ao longo do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de todos os traballos conxuntamente. Se os alumnos non realizan esa titoría nas duas primeras semanas de clase, entenderase que optan por presentar os traballos nas mesmas datas que o resto do alumnado. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso as actividades do portafolios o valor do 30%. O resto das condicións son as mesmas que para os outros alumnos. . |