Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión da Innovación Industrial en Moda | Código | 710G03029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Realización dun traballo en grupo e presentación final do mesmo. O contenido e características deste traballo daranse a coñecer ao alumnado nas primeiras sesións de clase. |
Proba mixta | Exame final sobre o contido teórico da materia, que poderá combinar diferente tipoloxía de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test). |
Proba práctica | Exame final sobre o contido práctico da materia. |
Estudo de casos | Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo e poderán incluir presentacións, debates ou sesións de discusión dirixida. |
Sesión maxistral | Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. |
Prácticas a través de TIC | Resolución de problemas de natureza teórica e práctica |
Foro virtual | Existirán dous foros virtuais, a saber: - Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes. - Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades. |
Seminario | Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible. |