Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 A9 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 C8 C9 Valorarase a asistencia e participación activa nas prácticas a través de TIC. Tamén se poden realizar pequenos cuestionarios, sen necesidade de aviso previo, sobre o contido visualizado ao finalizar calquera das sesións interactivas. 2
Traballos tutelados A6 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C5 C7 C9 Avaliación do informe escrito e exposición oral do traballo en grupo proposto.

Esta avaliación realizarase tendo en conta criterios como o dominio de contidos específicos, a expresión escrita e a presentación formal, o manexo da información, a claridade da presentación e da presentación...
40
Proba mixta A1 A9 B1 B2 B3 B7 B8 B9 C2 C3 Examen final sobre os contidos teóricos da materia que se realizará na data oficial prevista no calendario de exames da facultade.

O exame pode combinar diferentes tipos de preguntas (preguntas de ensaio, preguntas de resposta curta, preguntas de opción múltiple...).
20
Proba práctica A1 A13 B1 B3 B7 B8 B9 C9 C3 Examen final sobre os contidos prácticos da materia que se realizará na data oficial prevista no calendario de exames da facultade. 20
Estudo de casos A1 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C2 C3 C8 C9 Valorarase a asistencia e participación activa nas sesións interactivas. Poderanse realizar pequenos cuestionarios, sen necesidade de aviso previo, sobre o contido visualizado ao finalizar calquera das sesións expositivas ou interactivas (3% do 13% total).

Avaliación dos casos propostos e realizados individual ou grupalmente. Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso en función do plan de traballo proposto) a avaliación poderá realizarse por pares.

No estudo de casos valorarase a coherencia e adecuación das respostas ás preguntas formuladas, a presentación formal e a expresión escrita, a consulta de fontes bibliográficas... (10% do 13% total).
13
Sesión maxistral A1 A5 A6 A9 A13 B1 B3 B8 C5 C8 Valorarase a asistencia e participación activa nas sesións maxistrais (por exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resolución de actividades e prácticas a través de TICs, resposta a preguntas formuladas...). Poderanse realizar pequenos cuestionarios, sen necesidade de aviso previo, sobre o contido visualizado ao finalizar calquera das sesións expositivas. 5
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Segunda oportunidade

Para poder aprobar a materia, tanto na primeira
como na segunda oportunidade de avaliación, será preciso obter unha nota mínima
de 4 puntos sobre 10 na parte de proba mixta, nas prácticas a través de TIC e
no traballo tutelado. En caso de non cumprirse este requisito, a cualificación
final será de "Suspenso", aínda cando a nota media de todas as
actividades a avaliar outorgase unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre
10.

Será requisito indispensable para ser avaliado/a
en ambas convocatorias a asistencia regular, con participación activa e
aproveitamento, ás sesións presenciais (e/ou non presenciais, se fose o caso) e
aos diferentes seminarios organizados. 

Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte
da materia non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais
dos exames da primeira e segunda oportunidade, a súa cualificación final será
de "Suspenso". No seguinte curso académico, o/a alumno/a
poderá gardar a nota daquelas probas que ten superadas (sempre e cando obtivese
unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10), se así o desexa, e
sempre e cando informe ao profesorado da súa decisión nas dúas primeiras
semanas de clases. Esta condición solo rexerá durante o curso académico
seguinte; a partir de aí, non se gardará ningunha nota.

Convocatoria adiantada

Se houbese alumnado que queira presentarse á
convocatoria adiantada de decembro (Art. 19 "Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario"), o alumnado que se presente a esta convocatoria deberá
realizar a proba mixta (25% da nota), a proba práctica a través de TIC (25% da
nota), o traballo tutelado (40% da nota) e os casos de estudo (10% da nota). O
traballo de curso deberá realizarse de forma individual.

Para poder superar a materia, deberá obterse
unha cualificación final igual o superior a 5 puntos sobre 10, sempre e cando o
alumnado obtivera unha puntuación igual ou superior a 4 puntos sobre 10 en cada
unha das metodoloxías sometidas a avaliación.

Cualificación 'Non presentado'

Serán cualificadas con "Non
Presentado” as persoas que non se presenten ao exame final da convocatoria na data oficial establecida no calendario de exames da facultade,
sexa a primeira oportunidade, a segunda ou a convocatoria adiantada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

O alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar
ao inicio do curso a súa situación ao profesorado da materia, á fin de
establecer un plan e calendario de traballo. O sistema de avaliación será o
seguinte: proba mixta (25%), proba práctica (25%), traballos tutelados (40%) e
estudo de casos (10%). O traballo tutelado deberá realizarse en grupo.

Nota mínima

Para poder superar a materia, tanto na primeira
como na segunda oportunidade de avaliación, deberá obterse unha cualificación final igual o
superior a 5 puntos sobre 10, sempre e cando o alumnado obtivese unha
puntuación igual ou superior a 4 puntos sobre 10 en cada unha das metodoloxías
sometidas a avaliación.

Información adicional

O comportamento fraudulento en calquera dos
apartados sometidos a avaliación suporá a cualificación de "Suspenso
(0)" na avaliación final.

Está prohibido acceder á aula na que se
desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que
permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles,
reloxos intelixentes...).