Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 A5 A6 A7 A8 A13 A15 A16 A17 A18 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C4 C5 C7 C8 C9 ASISTENCIA e PARTICIPACIÓN: 10% da nota final.
A participación e asistencia ás clases maxistrais, así como ás clases prácticas, representarán o 10% da nota final.
10
Traballos tutelados A4 A5 A6 A8 A13 A15 A16 A17 A18 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C7 C8 C9 Realización, entrega e presentación de traballos e proxectos onde se aplican contidos e aprendizaxes adquiridos. Os criterios de avaliación inclúen a comprobación da inclusión e aplicación da parte teórica, a calidade e a claridade dos traballos e a súa presentación.
No caso de esixencia de exposición oral, valorarase a claridade, a calidade, a creatividade e suxección ao tempo da presentación, así como a defensa ante as preguntas que se realizan.
60% da notal final.
60
Proba obxectiva B4 B7 B8 B9 30% da nota final. Proba obxectiva individual. No caso dunha proba de opción múltiple, cada resposta incorrecta podería reducir a puntuación final. 30
 
Observacións avaliación

Avaliación 1ª Oportunidade.

No desenvolvemento da parte práctica (traballos en equipo / proxectos) (60% da nota final) avaliarase: aplicación das bases teóricas, calidade de presentación, precisión e claridade de exposición e calidade das respostas, fontes primarias e secundarias utilizadas e revisión bibliográfica.

Para a avaliación da parte teórica empregarase o exame (30% da nota final), combinando o modelo de tipo test (opción múltiple, onde os erros poden reducir a nota) con preguntas de desenvolvemento.

Dedicación a tempo parcial e exención académica (exención de asistencia): non se comtempla esta posibilidade. O taller é presencial, polo que a asistencia é obrigatoria.

O proceso de avaliación da 2ª oportunidade esixe a entrega dun proxecto final individualizado (60% da nota final) e a realización dunha proba obxectiva (40% da nota final) que combina preguntas tipo test e de desenvolvemento.

En caso de convocatoria extraordinaria, esixe a entrega dun proxecto final individualizado (60% da nota final) e a realización dunha proba obxectiva (40% da nota final) que combina preguntas tipo test e de desenvolvemento.

Considerase “Non presentado” (NP) ao estudante que, estando matriculado, non teña participado nas distintas actividades de avaliación (continua/práctica  e/ou exame/proba) que se estableza para o ano académico.

PLAXIO / COPIA. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.

A asistencia a
todas as sesións do obradoiro é obrigatoria. Requirirase un mínimo de
asistencia do 90% das horas impartidas. Este requisito será condición necesaria
para superala materia.